30.9.09

Palestra do ex-querrilheiro cubano Feliz Contreras




A Associaçom de Amizade galego-cubana "Francisco Vilhamil" organiça a próxima segunda-feira dia 5 de Outubro às oito do seram umha palestra do cubano Félix Contreras que levará por título "Salvado pola Revoluçom", e na que dará um repasso aos logros da Revoluçom Cubana, a actualidade e os retos que se lhe apresentam à ocupada ilha do Caribe.

Félix Contreras, amais de participar activamente na Revoluçom cubana que rematou com a dictadura de Batista no exército rebelde às ordens de Fidel Castro é um conhecido jornalista, poeta e escritor, promotor cultural e investigador da música popular e tradicional cubana.

Membro da Uniom de Escritores e Artistas de Cuba. O dia 6 estará em Bueu (com a música cubana como tema da palestra), o 8 em Cangas (falando da cultura cubana) e o 9 em Marim (rendindo umha merecida homenagem ao dirigente e mártir da Revoluçom cubana de origem galega, de Marim exactamente, Frank Pais).

Fotos do Roteiro "Recuperando a memoria histórica caminhando por terras de guerrilheiros"

Este finde decorreu polos canhons do sil e os montes do Invernadoiro o roteiro, organizado baixo o nome de "Recuperando a memoria histórica caminhando por terras de guerrilheiros" coa participaçom de 36 pessoas o sabádo e 16 o domingo, desponibilizamos algumhas imagens do mesmo.






















22.9.09

Roteiro polo canon do Sil



A vindoura fim-de-semana, os dias Sábado 26 e Domingo 27 de Setembro o LS Faísca organiza um Roteiro que baixo a legenda "Recuperando a memória histórica. Caminhando por terras de guerrilheiros" percorrerá o Canhom do Rio Sil (Castro Caldelas, Mirador de Matacás, Covas dos fuxidos e guerrilheiros antifranquistas do grupo de Mário de Langulho, e a Base operativa do EGPGC) e Roteiro polos Montes do Invernadoiro até “Augas limpas”, base do EGPGC.



Saída às 9 da manhá desde a Praça dos Cabalos (é preciso anotar-se previamente no LS Faísca, no LS Revolta ou neste correio)



Os dous roteiros tenhem umha parte fluvial, que faremos em barcas. E incluiram explicaçons históricas dos sitios a visitar a cárrego do guerrilheiro Antom Árias Curto.




Levar comida pra o Sábado e o Domingo, saco e tenda pra durmir.


O Sábado à noite faremos umha ceia comunal a base de churrasco, o seu preço será sobre 5 €.

14.9.09

Começa a LNB-sul cumha discreta participaçom da equipa do CS


http://lnbsur.wordpress.com/clasificacions/

A equipa do CS fica 4ª na geral e so dous dos seus palanadores Kintela e Xose Miguel superam o corte e pontuam ao cebar-se a mala sorte cos palanadores da franquicia e perder 3 desempates.
*A Ghudalla é o primeiro líder por equipos ao vencer en Redondela

*Xosé Miguel da Faísca solta o brazo e consegue tres varados nunha tarde

*Record de participación na LNB: 95 palanador@s

*Debut de catro equipos: Pincharango, Oestrimnios, Os Currichos e Os Roxos

A nova tempada da LNB Sur comezou ao grande, tanto que se nos acumulan os titulares para describir como foi a primeira xornada en Redondela. Alí estiveron 95 xogadores e xogadoras, record absoluto da LNB nun aberto. Tal número de palanadores obrigáronnos a xogar en grupos de 9 ou 10 xogadores para que a xornada non se eternizase.

Boa parte do éxito da convocatoria débese á aparición de catro novos equipos: Pincharango, con sede no bar Charango de Salceda; Os Currichos de Ponteareas, que substitúen ao Assembleia Aberta; Oestrimnios, nacido dunha escisión dos Paquete Pinchas e con sede en Pontellas (O Porriño); e Os Roxos, orixinarios de Sanguiñeda (Mos).
Con dúas pistas rápidas e estreitas, o torneo prometía ser áxil, aínda que o elevado número de xogadores estirou a xornada. Parecía factible que houbese un bo número de varados, e ao final caeron 9, dos que Xosé Miguel firmou 3. O da Faísca parecía en plena forma, logo de percorrer todos os abertos de verán que houbo nos últimos tres meses.

Xosé Miguel pintaba como favorito para xogar a final, pero en semis topouse cun inspirado Jacobo da Ghudalla (o equipo antes coñecido como Moaña), que deu a sorpresa e se colou na gran final. Polo outro lado do cadro chegou a semis un debutante, xogador revelación da xornada: Davide de Pincharango. Enfrontouse a Chupi, que con gran seguridade introduciu a billarda no varal en dous golpes. Pero a Davide non lle tremeu a man e fixo o mesmo, forzando o desempate, que Chupi desfixo ao seu favor. Na loita polo terceiro e cuarto posto, foi Xosé Miguel quen conseguiu vencer.

Na gran final impuxéronse os nervios e tanto Jacobo como Chupi cometeron varios erros. Pero para Jacobo era a primeira final nun torneo da LNB Sur e para Chupi era xa a quinta, así que este fixo valer a súa maior experiencia e levouse a vitoria. Colócase así como primeiro líder da LNB Sur 2009-2010, ao igual que xa fixera o ano pasado no primeiro torneo. O vixente campión da LNB Sur acumula con esta tres vitorias en abertos puntuables.

Pero Jacobo non quedou sen premio. A súa gran actuación permitiu á Ghudalla gañar o premio por equipos e convertirse nos primeiros líderes por equipos da tempada, con 19 puntos. Con 18 quedan Paquete Pinchas, 15 teñen Almuinha e 13 a Faísca e os debutantes Pincharango.
Na clasificación individual, logo de Chupi (10 puntos) e Jacobo (8), atópanse Xosé Miguel e Davide con 7 puntos. Despois hai 6 xogadores con 5 puntos: Manolo de Se Foras Traballar (gran xornada), Rubén Otero de Lideiras (o campión nacional caeu ante o seu maior rival, Chupi), Alberte e Luís Enrique de Almuinha, Pablo de Culombio e Gil de Branco e Negro.

Logo desta primeira xornada lidera a clasificación feminina Pauliña dos Treze Catorze, a única muller que desta volta conseguiu pasar a dezaseisavos. Menos sorte tiveron Ana Diz de Faísca e Fátima de Culombio, que quedaron fóra desta rolda a perder os seus desempates.
As próximas xornadas da LNB Sur son o mes que vén. O sábado 3 de outubro xogarase no monte da Risca do Porriño, onde disporemos de 3 ou 4 pistas para axilizar o desenvolvemento do torneo. E o 17 de outubro a billarda viaxa á terra da cachiza, Moaña, para xogar de novo á beira do mar, nun escenario inmellorable

2.9.09

Perto de 200 pessoas participam da homenagem nacional a Antom Arias Curto

O passado 4 de Julho tivo lugar no CS Faisca a Homenagem nacional ao historico militante da esquerda independentista Antom Arias Curto, perto de 200 pessoas acudirom ao acto político no que participarom activistas que compartilharom luita co Antom no passado como no presente, tambem se projectou um videio elborado pra ocassiom, e a continuaçom tivo lugar umha ceia de confraternizaçom que se prolongou ate bem entrada a noite.