1.6.09

Tres membros do Foro Social detidos en Cangas a pé das obras do Salgueirón


Os activistas participaban nunha concentración na praia fronte a Massó, mentres continuaban os traballos do porto deportivo.
gggggggggggggggggggg
Un novo episodio aconteceu na mañá deste luns na loita veciñal contra as obras no contorno da factoría de Massó. Aló, e desde arredor das 7 horas, concentrábanse diversos veciños en protesta polas obras do porto deportivo. A pé de praia, os operarios continuaron os traballos de recheo malia a presenza dos cidadáns. Posteriormente, a Garda Civil detivo un deles por non levar documentación de identidade e máis tarde serían detidas outras dúas persoas. Sobre as 13 horas habían acudir a declarar aos xulgados da vila.Para a tarde deste luns hai convocada unha nova concentración mariñeira no mar de Cangas, tal e como xa aconteceu a pasada semana, daquela tamén coa asistencia do emblemático buque Rainbow Warrior, do colectivo ecoloxista Greenpeace, que quixo axudar a amplificar a protesta canguesa coa súa presenza nesta acción.
gggggggggggggg
Mentres, seguen os traballos de construción sobre o vello peirao, o do porto deportivo chegará a unha lonxitude de 600 metros, e mais o recheo de 15 mil metros máis, operación moi criticada tamén pola Federación Ecoloxista Galega que agoira un grave impacto ambiental. Alén da ausencia de licenza municipal e da inexistencia do plan de usos da Autoridade Portuaria, as obras avanzan tamén malia o contencioso pendente de resolver que enfronta o proxecto coa confraría local de pescadores.

Sem comentários: